E TI QUE OPINAS?

O Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) de Muxía facémolo entre tod@s

O PACES é un documento no cal os gobernos locais de toda Europa expoñen a súa estratexia de redución de emisións de CO2, así como as súas ideas para adaptarse ao Cambio Climático e camiñar cara unha maior eficiencia enerxética. A veciñanza de Muxía non só pode, senón que debe participar do proceso de elaboración do PACES!

Se queres informarte mellor sobre o Pacto e coñecer iniciativas inspiradoras para traer a Muxía, podes facelo aquí.

Como podes participar?

  1. En primeiro lugar, podes achegarnos datos de consumo, que nos serán moi útiles para elaborar o Inventario de Emisións de Referencia a partir do cal se establecen os compromisos de redución de emisións de CO2 no concello. Coñecer os datos de consumo eléctrico e de combustibles fósiles dos fogares, dos comercios, bares, industrias ou explotacións agrogandeiras do municipio vennos moi ben para ter unha visión ampla e o máis achegada á realidade posible. Por iso, agradecémosche que cumprimentes a seguinte enquisa sobre consumos enerxéticos.

2. Tamén podes participar achegándonos as túas propostas, tanto para a redacción de medidas de Mitigación como de Adaptación ao Cambio Climático. Para elo ofrecémosche dúas posibilidades. Podes enviarnos directamente un documento ou e-mail a: muxiapoloclima@gmail.com ou ben podes seguir os pasos dos seguintes formularios:

3. Finalmente, encantaríanos que participases neste blog, con fotografías, vídeos ou textos que traten sobre a importancia de facer fronte a un dos maiores desafíos que temos por diante como sociedade: O CAMBIO CLIMÁTICO.

A %d blogueros les gusta esto: