O colexio de Os Muíños, en Muxía, é todo un referente á hora de tomar conciencia sobre o Cambio Climático como unha tarefa de todas. A través de pequenas revolucións cotiás podénse acadar grandes logros , como o acadado dende a cociña deste centro, onde só empregan productos de proximidade (denominados “km 0”) e fomentan a alimentación sana dos máis pequenos, evitando os procesados e ensinándolles a comer de maneira equilibrada. Nesta nova recollida pola prensa pódes saber máis sobre a iniciativa impulsada pola cociñeira Sandra Varela.
A iniciativa é moi importante para a mitigación do cambio climático porque non podemos esquencer que o sistema agroalimentario mundial é o terceiro maior causante de gases de efecto invernadoiro do mundo, só por debaixo das emisións que emiten en total EE.UU e China.
As grandes corporacións deciden a cotío o que temos que comer, cando e cómo. Así, comemos mandarinas de Sudáfrica, xudías de Chile e ata consumimos (sen sabelo) aceite de palma de quen sabe onde. Estíamse que, nos países industrializados, as froitas e verduras viaxan entre 2.500 e 4.000 km dende o punto de produción ata o punto de venda.
Os alimentos viaxan cada vez máis e máis e e empréganse para elo medios de transporte cada vez máis contaminantes, como o avión. Pero non é só que os alimentos viaxen, é que cada vez nos chegan máis elaborados, envasados, etiquetados… É urxente cambiar este sistema para que o mundo poda alimentarse de forma sustentable e equitativa á vez que mitigamos o Cambio Climático.