Muxía, triple A en sustentabilidade

A nosa localidade parte dunha boa situación para a adaptación ao cambio climático, xa que un estudo da USC publicado en 2019 sinalábanos como un dos concellos máis sustentables de Galicia.

Un artigo de investigación titulado Embedding environmental, economic and social indicators in the evaluation of the sustainability of the municipalities of Galicia (northwest of Spain) publicado por un grupo de investigadores da Agrupación Estratéxica Cretus da Universidade de Santiago de Compostela analizou 64 concellos galegos dende o punto de vista da sustentabilidade e determinou que Muxía era un dos máis sustentables. En concreto este grupo desenvolveu 38 indicadores que permiten establecer unha etiquetaxe que vai desde AAA (os máis sustentables) a CCC (os menos).

En concreto, analizaron tres aspectos que se avalian como a, B ou C: o social (que vai desde os casos de violencia de xénero á porcentaxe de poboación en risco de pobreza), o económico (como a taxa de paro) e o medioambiental (como a superficie de zonas verdes, o consumo eléctrico ou a calidade do aire). Tan só dous municipios, Muxía ou Vilariño de Conso, acadadaron a triple A.

Os municipios sustentables son aqueles capaces de desenvolverse garantindo os seus recursos e o benestar da veciñanza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: