Dámosche a benvida ao Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable de Muxía.
O Concello de Muxía adheriuse formalmente ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía Sustentable o 28 de maio de 2020. Nese momento asumimos o compromiso de diminuír as emisións de CO2 no noso municipio nun mínimo do 40% para o ano 2030.
O 27 de novembro de 2020 Muxía aprobou o seu Plan de Acción. Podes cosultalo aquí.
Últimas novas:

Imos a toda vela contra a contaminación!
A Escola de Vela de Muxía resultou premiada este ano no concurso ambiental “Ponte as Pilas e Recicla” por recoller entre os meses de xullo e agosto nada menos que 160 quilos de pilas botadas ao mar. As pilas xeran moita contaminación, unha soa pila de reloxo pode contaminar a auga de toda unha piscinaSeguir lendo “Imos a toda vela contra a contaminación!”

Como cambiará o clima en Muxía?
Ao falar de cambio climático falamos da variación global do clima da Terra. Dita variación prodúcese sobre os diferentes parámetros climáticos como son temperatura, precipitación, humidade, etc. Queres saber como variará o clima no noso concello? O Informe de cambio climático de Galicia 2012-2015 recolle os datos relativos á variación do clima nos diferentes concellosSeguir lendo “Como cambiará o clima en Muxía?”

Mitigar o cambio climático dende a cociña escolar
O colexio de Os Muíños, en Muxía, é todo un referente á hora de tomar conciencia sobre o Cambio Climático como unha tarefa de todas. A través de pequenas revolucións cotiás podénse acadar grandes logros , como o acadado dende a cociña deste centro, onde só empregan productos de proximidade (denominados “km 0”) e fomentanSeguir lendo “Mitigar o cambio climático dende a cociña escolar”
Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible.

Frear o cambio climático
Operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)
PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020
Unha maneira de facer Europa